O Concello de Pontevedra adxudicou esta mañá, a través da Xunta de Goberno Local, á empresa Ecolans (José Antonio Rivas Couceiro) a dotación dos artigos de papel e de últiles de limpeza no Concello de Pontevedra. É unha adxudicación de 64.000 euros por catro anos (16.000 euros por ano), e as melloras están contempladas na reducción dos prezos por cada un dos produtos.
Este contrato forma parte doutros que está a sacar a contratación o Concello de Pontevedra referentes ao gasto corrente municipal, e vinculado ás dotacións das oficinas municipais.
Reurbanización da rúa Javier Puig
Por outro lado, a Xunta de Goberno Local tamén acordou volver a abrir a licitación da obra de reurbanización da rúa Javier Puig por valor de 275.000 euros. Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González detectouse un erro na licitación da obra, polo que foi correxido e ten que volver a saír a licitación.