Nace Novos Cinemas para dar visibilidade aos novos creadores

445

O Concello de Pontevedra a través da Concellería de Cultura, a Universidade de Vigo a través da Vicerreitoría, e profesionais do sector coma o produtor cinematográfico Daniel Froiz, o cineasta Ángel Santos, e o programador Suso Novás, poñen en marcha este proxecto que será o primeiro festival de cine da cidade de Pontevedra.

A iniciativa ten obxetivos claros e definidos e en primeira instancia está o de dar visibilidade aos novos creadores e difundir o seu talento, prestando especial atención á vangarda cinematográfica a nivel internacional. Para isto, dende a organización traballan xa dende a Edicion 0, en fomentar o encontro e a interacción entre os directores e o público, promover unha formación específica e continua neste ámbito e espertar o interés de novos espectadores. Diferentes liñas de traballo que conflúen buscando situar á cidade de Pontevedra no circuito de festivais peninsulares de relevancia.

Así, Novos Cinemas contará cun pequeño aperitivo, a Edición 0, que se celebrará os días 11, 12, e 13 de decembro deste mesmo ano. Este preámbulo, non competitivo, ten como finalidade dar a coñecer parte dos contidos da liña editorial do festival e, a un tempo, facer as veces de avance da programación do festival propiamente dito.

O programa combinará a exhibición de tres longametraxes de realizadores novéis (primeiro ou segundo filme), a exhibición da película dun cineasta recoñecido que impartirá un seminario e a exhibición dun filme dun cineasta galego que ademais impartirá un obradorio de realización que comezará en xaneiro do 2016 e cuxo resultado exhibirase na primeira edición do festival.

Novos Cinemas tamén será un lugar de encontro e de interacción para cineastas e espectadores. Neste evento social se fomentará o uso de espacios emblemáticos da cidade como lugares alternativos de proxección, tendo o Teatro Principal como sede de referencia.