A Concellaría de Educación convocará en outubro o Consello Escolar Municipal

113

A Concellería de Educación está pendente da actualización da composición do Consello Escolar Municipal para convocar o seu pleno que non se reúne desde o ano 2012. A previsión sitúa a xuntanza a finales do mes de outubro.

A nova concelleira Carme Fouces quere reactivar o funcionamento dun órgano de participación social e consultivo que acolle os representantes de todos os estamentos da comunidade educativa non universitaria de Pontevedra co fin de avaliar propostas, promover iniciativas e posicionarse sobre cuestións que interactúen ou determinen a actividade escolar.

O Consello Escolar Municipal está presidido pola concelleira de Educación, Carme Fouces, por delegación do alcalde e integrado por os seguintes membros: un vicepresidente/a , elixido/a polo Pleno do Consello entre os seus membros; secretario/o que será un técnico municipal; vinte vocais: dez docentes, seis do ensino público e catro do ensino privado propostos polos sindicatos e asociacións profesionais; seis país/nais de alumnos elixidos polas ANPA, catro con fillos/as en centros públicos e dous cos nenos/as en centros privados e catro alumnos elixidos polos representantes dos alumnos nos Consellos Escolares de centros.

O pleno complétase con os seguintes membros: un director/a de ensino medio proposto polos directores de centros públicos, dous directores de Primaria, un dun colexio do centro urbano e o outro dun do rural, elixidos polos directores dos colexios públicos do municipio; dous representantes sindicais elixidos polas organizacións máis representativas do sector; dous representantes das asociacións de veciños, un dunha asociación do casco urbano e outro dunha do rural; un membro do movemento de renovación pedagóxica, proposto polas organización deste ámbito; un representante da Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa e o delegado da Consellería de Educación ou persoa na que delegue.