O proxecto de saneamento de Mourente incorpora as achegas da veciñanza

183

A incorporación de achegas veciñais amplía o proxecto inicial de saneamento seguindo a estrada de Ourense N-541, en Mourente coa incorporación da previsión do subministro de auga na zona para cando rematen as obras de Acuaes e a extensión do abastecemento a un lugar de Quinteiro de Leirados que quedaba fóra, e deixaba illadas a 30 vivendas, ao non verter cara a N-541.

O ampliación do proxecto inicial suporá un investimento adicional de 282.085 euros -183.617 para o abastecemento e 98.468 para o saneamento de Leirados, 98.468 euros- que se suma aos 987.982 previstos para o proxecto inicial. En total, 1.270.068 euros.

O proxecto inicial recolle as obras necesarias para a instalación da rede de sumidoiros nos lugares de Carabelos, O Pazo, Eirós e Leirado, seguindo a estrada de Ourense, entre os quilómetros 88 e 90; as súas conexión coa rede existente até facelas chegar á planta depuradora de Praceres. Arredor de 140 vivendas (540 persoas) serán as beneficiarias desta nova rede.

O proxecto de saneamento de Mourente está listo para a súa licitación e se agarda que estea adxudicado antes de que acabe o ano. Será presentado ós veciños do lugar nunha nova asemblea. A participación é un dos factores que fan deste un proxecto “exemplar” sostén o concelleiro coordinador do Rural, Demetrio Gómez.

“É exemplar pola súa rapidez e polo carácter democrático” subliña Demetrio Gómez quen lembra que todo se fixo nun prazo de tres meses. “Dixemos despois das eleccións que íamos a asumir a obra, redactouse o proxecto e presentouse ós veciños e veciñas o 23 de xuño e desa asemblea saíu unha xuntanza sobre o terreo para estudar as propostas veciñais” lembra o concelleiro coordinador do Rural. As propostas da asemblea son as incorporadas o proxecto definitivo.

Coa execución deste proxecto a parroquia de Mourente terá practicamente completo o saneamento e sumarase ao 83& do rural pontevedrés que xa dispón de rede de sumidoiros especialmente todas aquelas parroquias e núcleos próximos ao centro urbano: Lérez, Marcón, Tomeza, Lourizán, Salcedo e Mourente.