Concelleiros dos distintos grupos municipais visitaron as dependencias da Policía Local para coñecer o traballo que fai o departamento que xestiona a mobilidade na cidade. A visita foi organizada polo concelleiro e presidente da Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos, Luís Bará e nela participaron os concelleiros Tomás Abeigón e José Luis Martín do PP, Iván Puentes do PSdeG-PSOE, Luis Rei de Marea Pontevedra e María Rey de Ciudadanos.
O intendente principal, Daniel Macenlle, amosou a delegación municipal a Central de Tráfico (Cetra) e coas 27 cámaras de vixilancia de fondo explicoulles o sistema de traballo que desenvolven para garantir a fluidez do tráfico, o correcto funcionamento dos camiños escolares ou detectar incidencias que podan condicionar a mobilidade na cidade.
Desde o Cetra contrólase unha rede de 550 semáforos e catro aparcamentos públicos e tres persoas xestionan a mobilidade en tempo real, reconducindo o tráfico cando é preciso. No caso de que as cámaras rexistren algún tipo de infracción, accidentes o feito potencialmente delitivo gárdanse as imaxes como posible proba. De feito estando alí viron en directo un pequeno sinistro nunha rotonda.
A visita a sala de pantallas lle seguiu unha exposición detallada do traballo do departamento de Mobilidade da Policía Local a cargo do seu responsábel, Emilio Suarez. Un traballo que inclúe o control e organización da mobilidade de vehículos e de peóns, a organización de dispositivos especiais para grandes eventos festivos ou deportivos, a ordenación dos espazos públicos (cortes temporais por obras, instalación de grúas…), o deseño de propostas de mobilidade e medidas de seguranza viaria, etc.
Daniel Macenlle pechou a exposición con un exemplo práctico. A organización da Volta Ciclista a España con etapa contra o reloxo incluída, un evento que empolicou a distintos departamentos municipais e contou con apoio dun amplo e disciplinado voluntariado.
O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará, subliñou ao termo da visita a importancia de dar a coñecer o esquema de traballo e a grande profesionalidade da Policía Local.