Pontevedra presente na Semana da Mobilidade Europea de Guimaraes

150

O Concello de Pontevedra participou esta semana nas actividades organizadas pola Cámara Municipal de Guimaraes dentro da Semana Europa da Mobilidade. Pontevedra foi convidada a este evento para participar nunha conferencia sobre “Territorio e mobilidade” xunto á cidade británica de Bristol, declarada Capital Verde Europa en 2015. Guimaraes opta en 2016 a facerse con este galadrón.

Pontevedra estivo representada polo director xeral do Concello, Xosé Manuel Tato Camino, que abordou o modelo de cidade na ponencia “A mobilidade para unha cidade mellor. Problemas e solucións”. Participou xunto ao arquitecto Pablo Castelo Branco, Afonso Sousa de Siemens S.A., Paula Teles de “MPT  – Mobiliade e planificacion do territorio”, Paulo Ribeiro da Universidade de Minho e, finalmente, John Richfield, responsable de transporte de Bristol.