Surfing the Lérez recolle alimentos até encher 14 furgonetas para Redeaxuda

283

Diversión e solidariedade van de man no festival Surfing the Lérez. A “entrada” a Illa do Cobo era unha doazón de alimentos ou produtos hixiénicos básicos para Redeaxuda e a xente respondeu con xenerosidade.

Foron necesarias catorce furgonetas para recoller as doazóns dos participantes no Surfing, catro máis que o pasado ano cando se cifrara en dúas toneladas e media a cantidade de produtos recollidos.

A xente seguiu as indicacións da organización do Surfing the Lérez e entregou os produtos demandados por Redeaxuda: aceite, azucre, zume, embutidos e queixo, galletas, tomate frito, leite, cacao, cereais, salchichas e cueiros.

As doazóns foron recollidas por un grupo de voluntarios e trasladadas a Casazul co fin de facer o reparto e cubrir as necesidades declaradas polas organizacións que integran a Redeaxuda. Os voluntarios remataron o servizo de transporte case a media noite.