A Comisión de Obras visita os avanzados traballos do Centro Social de Salcedo

240

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e membros da Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos visitaron esta mañá o novo Centro social de Salcedo, acompañados polos arquitectos que deseñaron o proxecto, así como polos técnicos municipais responsábeis da obra e directivos da empresa que executa os traballos: Ediserpo. Tamén había unha nutrida representación das distintas asociacións e colectivos do Consello parroquial de Salcedo. A visita estivo organizada polo concelleiro delegado da parroquia de Salcedo, Demetrio Gómez, xa que está a piques de rematar os traballos de construción do singular edificio.

A comitiva coñeceu de primeira man a versatilidade dos espazos deste novo centro social, xa que as salas principais poden servir para montaxes de envergadura, quedando un espazo máis alto -a modo de escenario- e outro máis baixo -como patio de butacas-, que se poderá ampliar cara ao exterior xa que as portas son corredeiras e poden sacarse, chegando a crear un patio de bucatas cun aforo para varios centos de persoas.

O local complétase con catro espazos versátiles, unha cociña, servizos e almacéns.

Na actualidade estáse a executar a urbanización do exterior, e está pendente do equipamento con material audiovisual e informático, así como para a cociña.

O Local social ten unha superficie construída de 650 metros cadrados e foi negociado dende o primeiro momento co Consello parroquial incluíndo as peticións da plataforma constituída con posterioridade ao primeiro proxecto. Trátase dun Centro social ambicioso polo prezo, pola funcionalidade, polos avances técnicos e pola capacidade do edificio. O custe é de 708.455,69 euros.

Núcleo de centralidade parroquial

O novo Local Social de Salcedo contribuirá a conformar o núcleo de centralidade parroquial nesta zona onde xa se atopan os colexios, a Casa da música, a Casa do monte e o novo parque infantil. Tamén está a carón da igrexa e do cemiterio parroquial.

Ademais, do proxecto de construcción da Centro Social, tamén está previsto unha actuación máis ampla en todo este espazo grazas a un acordo entre o Concello e a comunidade de montes que entregou 3.000 metros cadrados onde para a construcción do Centro Social, un campo de petanca, outro de chave, o parque infantil e un parque biosaudábel.

O anteproxecto para a instalación destes outros equipamentos da parroquia foi elaborado pola oficina de arquitectura municipal contempla retranquear o viario actual para reordenar todo o espazo. Este movemento permitirá crear unha praza diante da entrada ao cemiterio parroquial especialmente útil en xornadas tan sinaladas como o Día de Difuntos. Tamén se creará un paso de peóns elevado para garantir a seguranza viaria en todo este ámbito.

Ao seu carón está a Casa da Cultura.

Ademais, todo este ámbito complétase cun parque infantil e unha pista de petanca, xa instaladas pola comunidade de montes, e que se complementarán cun parque biosaudábel e unha pista de chave que pretende crear o Concello para completar este núcleo de centralidade parroquial que terá as características dunha zona plenamente urbana cos deseños e calidades urbanos, pero adaptados ao un núcleo rural como xa se realizou  noutros ámbitos como en Cabaleiro, na parroquia de Campañó.

Local Social de SalcedoLocal social de Salcedo.Local Social de Salcedo