O Concello avalía o proxecto de mellora da rúa Os Campos coa veciñanza

187

Os veciños dos Campos e Monte Porreiro coñecerán ao detalle o proxecto de mellora da accesibilidade e seguridade viaria da carreteira dos Campos, que nas medidas de calmado de tráfico inclúe a construción de seis lombos. O concelleiro de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos, Luís Bará avaliará coa veciñanza o proxecto, que responde ás propias demandas dos cidadás do barrio.

A cita será mañá, 29 de setembro, ás 18.30 diante da antiga Escola Infantil Os Campos e prodúcese despois de que o Pleno municipal aprobase, cos votos de toda a oposición, unha moción para a creación de vías sanitarias libres de lombos que levarían a retirada de 39 pasos de peóns elevados o que para o Goberno local é inaceptábel ao entender que a medida vai contra un modelo de cidade que prioriza o coidado das persoas.

O concelleiro Luís Bará presentará aos veciños o informe técnico que avala a implantación das medidas de calmado de tráfico, entre outras os lombos. É un informe firmado polo enxeneiro municipal do ano 2010

Unha das vías libres de lombos para chegar ao Hospital Montecelo pasaría polo barrio de Monte Porreiro, onde os veciños demandaron no se día os pasos elevados e aplaudiron as medidas de calmado de tráfico, máxime cando pasan por diante de centros escolares. Precisamente o día seguinte, o mércores, o concelleiro de Mobilidade reunirase coa comunidade educativa para pulsar a súa opinión respecto a proposta de retirada de lombos dun vial que é parte da rede dos camiños escolares polos que os nenos e nenas van andando e sós ao colexio.

Luís Bará subliña que o obxectivo da reunión dos Campos e coñecer a opinión dos veciños e veciñas e non “reproducir o debate do Pleno”, aludindo deste xeito as peticións públicas de participación de grupos da oposición como o PP ou o PSdeG-PSOE. “É un acto do Goberno local, non terá formato de intervención de grupos” advirte o concelleiro de Mobilidade.

Haberá máis xuntanzas coas veciñanzas que estean directamente afectadas pola proposta de supresión de pasos elevados.