Os veciños de Bora coñecen o anteproxecto de mellora da estrada a Castosenín

101

O concelleiro delegado da parroquia de Bora, Alberto Oubiña mantivo esta tarde unha reunión cos veciños da parroquia para presentarlles o anteproxecto de construcción do novo viario a Castrosenín (na parroquia de Mourente), dende o lugar da Cardosa, en Bora.

O proxecto plégase ao trazado actual do camiño na súa maior parte, aínda que nalgúns puntos será preciso crear novos trazados para evitar a sinuosidade do viario actual. Durante o encontro, ao que asistiu o xefe de obras da Deputación, xa que esta obra executaríase con orzamento provincial, estivéronse vendo as distintas posibilidades de trazado e propoñendo pequenas variacións.

Está previsto acondicionar unha calzada de dez metros de ancho (3,5 metros para cada carril) con gavias e beiravías.

A mellora da estrada a Castrosenín é unha demanda histórica dos veciños de Bora e Mourente, especialmente dende que se trasladaron os Grupos Rurais de Seguridade da Garda Civil ás vellas instalacións do antigo centro de menores.