Avaliando a última edición de Pontenciencia para crear un novo programa

167

A Concellaría de Educación mantivo esta tarde un encontro con centros de ensino da cidade para avaliar a última edición de Pontenciencia, coñecer os seus puntos fortes e os febles e organizar a actividade para este vindeiro curso.

A concelleira delegada de Educación, Carmen Fouces pretende refozar esta programación educativa impulsada polo Concello entre os centros de ensino do municipio, e poder incrementar a súa participación dado que na pasada edición foron 8 centros os que solicitaron participar.