Éxito da primeira convocatoria do Foro Pontevedra é un puntazo

119

O primeiro encontro do Foro Pontevedra é un puntazo resultou todo un éxito. O sector cultural da cidade respondeu á convocatoria realizada pola Concellaría de Promoción Económica e de Cultura que buscan a conexión e posta en valor, así como a promoción das empresas locais que traballan no eido da cultura e da creación.

Unha diagnose feita polo departamento municipal de Promoción Económica permitiu detectar que na cidade hai moitas empresas e iniciativas emprendedoras no ámbito da creatividade e da cultura que non teñen visibilidade, illadas ou con escasa interrelación entre elas. Combater e reverter esta situación é o obxectivo de Pontevedra ten un puntazo.

Na reunión desta tarde púxose en común as necesidades e aspiracións deste sector, así como a importancia que ten para o futuro e prestixio da cidade. Tamén serviu á Concellaría de Promoción Económica para obter datos das empresas e poder confeccionar unha base de datos para crear o catálogo das empresas culturais do concello, segunda acción do programa que se completará coa posta en marcha de accións e a difusión das mesmas. Para este último apartado Culturgal será o escenario idóneo para achegar ás iniciativas empresarias.