Novas propostas para mellorar a seguranza viaria no ámbito do CEIP Marcos da Portela

106

O Concello de Pontevedra levou esta tarde unha proposta de reordenación do tráfico no ámbito dos centros de ensino de educación infantil e primaria de Monte Porreiro á unha reunión mantida coa Anpa do centro Marcos da Portela e coa asociación de veciños. Segundo explicou o concelleiro delegado do barrio e responsábel de Obras, Luís Bará o propósito é anchear as beirarrúas da entrada ao colexio, na rúa Suecia, para garantir maior seguridade aos nenos, especialmente dende os accesos da rúa Grecia, e reducir o ancho da calzada respectando todos os estacionamentos actuais. Ademais, tamén se pretende eliminar todas as zonas verdes nas esquinas da rúa para ofrecer máis espazos para os peóns que acceden a esta zona escolar.

Na reunión o concelleiro tamén abordou a controvertida proposta de todos os grupos da oposición de crear rutas sanitarias libres de pasos sobrelevados pola cidade. Precisamente para defender esta postura asistíu á reunión o Grupo Municipal do Partido Popular representado polos concelleiros María José Rodríguez Teso, José Luís Martín, Tomás Abeigón e Rafael Domínguez.

Os representantes dos veciños e tamén da Anpa postaron decididamente por manter os lombos no barrio, e especialmente no entorno do centro escolar Marcos da Portela.