O Festivas das Cóxegas nace para achegar as artes escénicas ao público familiar

412

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou esta mañá a 1ª edición do Festival das Cóxegas. Un proxecto arredor das artes escénicas, con carácter familiar, que terá lugar ao longo do mes de novembro. Vinculado ao Programa Platea ao que o Pazo da Cultura se aderiu o pasado ano, estará composto por 4 espectáculos de compañías procedentes de Cataluña, Madrid e Granada: danza, música e teatro pensados para o público máis esixente do mundo: os nenos/as.

No afán da Concellaría de Cultura e o Pazo da Cultura por crear novos públicos e achegar aos máis pequenos ás diferentes formas da cultura e as artes nace este ciclo ao se pretende dar continuidade.

Os 4 espectáculos terán lugar os 4 domingos de novembro no Pazo da Cultura nunha única sesión por espectáculo en horario de 18:30 horas.

As entradas poden adquirirse xa en Ataquilla.com a un prezo único de 6€. A venda en billeteira, que só terá lugar no caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, comezará dúas horas antes do espectáculo.

Será preciso que cada espectador, independentemente da súa idade, conte cunha entrada para acceder ao Auditorio.

  • Rolf &Flor de The Pinker Tones – 8 novembro

The Pinker Tones ofrecen un espectáculo acústico para toda a familia centrado na pegadiza mistura de música electro, pop, dance, indie e lounge. Os músicos, recoñecidos internacionalmente polos seus traballos de música electrónica, narrarán un conto, e cantarán cancións.

Farán un percorrido polas aventuras destas dúas personaxes: Rolf, un neno de Barcelona e Flor, unha nena de Nueva York, teñen vidas paralelas sen sabelo. Ao coñecerse, descobren que son almas xemelgas. Inspiradas na súa serie de libros-disco, interpretarán tamén pezas do seu recén estreado volumen: Rolf &Flor en Londes. O terceiro, logo de Rolf & Flor en el Círculo Polar e Rolf &Flor.

  • Simplicissimus da Cía. Roberto G. Alonso – 15 novembro

Simplicissimus, a primeira revista musical infantil e familiar, adéntranos nun universo particular, onde a danza únese co teatro, os monicreques ou a acrobacia, nun divertimento cheo de ritmo, luz, fantasía, imaxinación e cor.

Un cóctel de pluma e pedrería onde todo é possible.

Cabaret | A partir de 5 anos

  • Constelaciones de Aracaladanza – 22 novembro

Espectáculo de danza baseado na obra pictórica de Joan Miró. Unha peza que consigue transformar o escenario nun enorme lenzo no que aparecen corpos e formas que crean,
á súa vez, multiples e fermosísimas imaxes.

Aracaladanza é unha compañía recoñecida co Premio Nacional de Teatro para la Infancia y La Juventud 2010 e diversos premios Max.

  • El sastrecillo valiente de Títeres Etcétera – 29 de novembro

Unha suite para 8 instrumentistas e narrador que conta, a través da música e coa axuda dos monicreques a historia épica, tenra e graciosa deste famoso xastre, quen foi capaz de matar sete moscas dun só golpe e que, por unha serie de circunstancias, ha de salvar ao reino con astucia e valentía.

Títeres Etcétera conta co Premio Nacional de la Infancia y la Juventud 2014.

Conto músicado con monicreques