Pontevedra, 1 de outubro de 2015. Máis de 1.400 rapaces se inscribiron nestas tres semanas nas Escolas Deportivas Municipais de Pontevedra. Aínda que o prazo continúa aberto durante todo o mes de outubro, as escolas xa teñen reservadas máis prazas que na pasada edición.
Xa non quedan prazas en:
- Portero 2000
- Club Ximnasia Rías Baixas
- Judo Club Pontevedra
- Club Treboada Ximnasia Rítmica
O número de inscritos por Escola Deportiva Municipal nas que aínda quedan prazas:
- Club Treboada de Ximnasia Artística: 44 inscritos
- Escola Ximnasia Vagalume (ximnasia artística): 18 inscritos
- Club Ximnasia Pontevedra: 38 inscritos
- Club Rítmica Xiada: 5 inscritos
- Sociedad Gimnástica de Pontevedra (atletismo e educación física de base):158 inscritos
- Pontevedra Rugby Club: 30 inscritos
- Mareantes Rugby Club: 8 inscritos
- Club Loita Pontevedra: 3 inscritos
- Club Voleibol Pontevedra: 65 inscritos
- A.J. Lérez (fútbol): 78 inscritos
- Leis 26 Fútbol Sala: 64 inscritos
- S.D. Monteporreiro (fútbol): 4 inscritos
- S.C.D. Salcedo (fútbol sala): 0 inscritos
- S.C.D. Salcedo (fútbol 8): 0 inscritos
- C.D.A.R. Xeve (fútbol): 0 inscritos
- Ciudad de Pontevedra club de fútbol: 1 inscrito
- Integración Deportiva Pontevedra (fútbol): 44 inscritos
- Casino Mercantil e Industrial (tenis): 46 inscritos
- Club de Tenis Pontevedra: 91 inscritos
- Club Tenis de Mesa Monteporreiro: 2 inscritos
- S.D. Teucro (balonmán): 75 inscritos
- C.B. Cisne (balonmán): 73 inscritos
- C.B. Arxil (baloncesto): 126 inscritos
- Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra: 113 inscritos
- Escola Xadrez Pontevedra: 76 inscritos
- Escola Hungaresa de Esgrima: 8 inscritos
Cabe lembrar que as escolas deportivas deste curso ofrecen 2.181 prazas, participan 32 clubs de dezasete disciplinas distintas, delas incorpóranse ao proxecto catro novas entidades deportivas: a Escola Hungaresa de Esgrima, o Ciudad de Pontevedra CF e Integración Deportiva Pontevedra CF de fútbol e o Club Rítmica Xiada de ximnasia rítmica.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse de luns a venres, en horario de 9 a 13 horas e de 16.30 a 19 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Tamén poden contactar no teléfono 986 872 013 ou a través das redes sociais twitter @IMDPontevedra ou no facebook Facebook.com/imedpontevedra, tamén a través do correo electrónico imdeadministracion@pontevedra.eu
O prezo da matrícula é de 50 euros para todo o ano.
As modalidades ofertadas polas Escolas Deportivas Municipais do IMD de Pontevedra son as seguintes: atletismo, tríatlon, baloncesto, esgrima, fútbol, fútbol sala, voleibol, balonmán, tenis, tenis de mesa, xadrez, rugby, judo, loita olímpica, ximnasia, ximnasia rítmica e ximnasia artística/trampolín.