O Concello salta ás redes sociais con Pontevédrate

292

O Concello de Pontevedra presentou hoxe as redes sociais institucionais en Facebook, Twitter e Instagram baixo o nome pontevédrate. O concelleiro responsábel de Novas Tecnoloxías, Alberto Oubiña fixo fincapé na presentación das redes “na necesidade de abrir unha nova etapa na promoción da cidade”.

Até o de agora, o Concello transmitía a información oficial a través do web www.pontevedra.gal e a través das distintas plataformas temáticas das que dispón o Concello.

Para iniciar este percorrido polas redes optouse por duas accións:

  • Establecer PONTEVÉDRATE como nome dos perfís, tanto en Twitter como en Facebook e Instagram
  • Establecer o hastag #ponte para posicionar as mensaxes por temas en cada unha desas redesAo mesmo tempo que esta presentación, iníciase unha campaña publicitaria exterior para dar coñecemento desta nova aposta polas redes sociais.