Cursos de Memoria para maiores en barrios e parroquias

240

Comezan, a partir da próxima semana, os Cursos de Memoria do programa de actividades para persoas maiores que organiza Casazul e a Concellería de Benestar Social nos barrios e parroquias.

  • Pontesampaio. Casa da Cultura. Mércores, 16.30-18.30 horas. Inicio 7 de outubro.
  • Lérez. Centro Cultural. Martes, 19.00-20.30 horas. Inicio 6 de outubro.
  • Bora. Antigo CEI Bora. Luns 17.00-18.30 horas. Inicio 5 de outubro.
  • Estribela. Casa da Cultura de Estribela. Martes 17.00-18.30 horas. Inicio 6 de outubro.
  • Marcón. Centro Sociocultural de Marcón. Martes, 17.00-18.30 horas. Inicio 6 de outubro. .
  • Salcedo. Antigo CEI, lugar Cabanas. Venres, 18.00-19.30 horas. Inicio 9 de outubro.. .
  • Tomeza. Antigo colexio. Mércores, 19.00-20-30 horas. Inicio 7 de outubro

Quedan pendentes de asinar datas para os cursos previstos nos centros sociais da Parda, Centro Sur e San Roque.