O IMD abre unha nova Escola Deportiva en colaboración co Club Amigos del Baloncesto

127

O Instituto Municipal de Deportes (IMD) abre unha nova Escola Deportiva Municipal para o presente curso. É na disciplina de baloncesto e farase en colaboración co Club Amigos del Baloncesto de Pontevedra.

Son 120 prazas novas que se poderán solicitar de luns a venres, en horario de 9 a 13 horas e de 16.30 a 19 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Tamén poden contactar no teléfono 986 872 013 ou a través das redes sociais twitter @IMDPontevedra ou no facebook Facebook.com/imedpontevedra, tamén a través do correo electrónico imdeadministracion@pontevedra.eu

O prezo da matrícula é de 50 euros para todo o ano.

O Club Amigos del Baloncesto impartirá as súas clases no pavillón municipal Monte Carrasco, de Marcón.

Coa incorporación desta nova Escola deportiva increméntanse as prazas a 2.301 e o número de clubs soben a 33 de dezasete disciplinas distintas. Xunto ao Club Amigos del Baloncesto de Pontevedra, incorpóranse ao proxecto catro novas entidades deportivas: a Escola Hungaresa de Esgrima, o Ciudad de Pontevedra CF e Integración Deportiva Pontevedra CF de fútbol e o Club Rítmica Xiada de ximnasia rítmica.