Pontevedra, na exposición do Catálogo de Boas Prácticas ONU-Hábitat en Madrid

222

Pontevedra estará presente o vindeiro luns, 5 de outubro, na Exposición do X Catálogo español de Boas Prácticas que inaugurará na sede do Ministerio de Fomento, en Madrid. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores asistirá á inauguración desta exposición na que se amosarán todos os proxectos que recibiron algún galardón na última convocatoria do premio internacional ONU-Hábitat.

Pontevedra formará parte desta exposición ao recibir o primeiro premio na categoría de Desenvolvemento territorial e urbano sostibles.

A inauguración da exposición enmárcase dentro da xornada de conmemoración do Día Municipal do Hábitat que organiza o Ministerio de Fomento a través da da Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo e a Oficina de ONU-Habitat de España baixo o lema “Espazos públicos para todos”.

Nesta xornada haberá distintos relatorios aos que asistirá o alcalde.