Máis de 1,9 millóns para a sinalización viaria e o mantemento das rúas da cidade

131

O Concello de Pontevedra rematou esta semana o prazo para a presentación de ofertas para dous contratos municipais por unha contía total de 1.914.00 euros. Son a conservación e mantemento da sinalización horizontal e vertical da rede viaria de Pontevedrapor 1.188.000 euros (impostos incluídos), e o contrato de pequenas obras de reparación e acondicionamento das vías urbanas municipais, valorado en 726.000 euros.

Foron oito as empresas que se presentaron ao contrato de conservación e mantemento da sinalización horizontal e vertical da rede viaria de Pontevedra. Son as seguintes:

  •   Aceinsa Movilidad S.A.
  • API Movilidad S.A.
  • Construcciones, Obras y Viales S.A.
  • Díez y Campañía S.A.
  • Elsamex S.A.
  • Proseñal S.L.U.
  • Señalización y conservación Castilla S.L.U.
  • UTE Tevaseñal S.A. y Sebagasa S.A.

O obxecto deste contrato é a prestación do servizo de reparación, mantemento, e reposición da sinalización horizontal e vertical e das placas das rúas e das rutas urbanas. Tamén entra dentro deste contrato, o subministro de sinais ou calquera outro elemento similar.

A duración do contrato é por catro anos, coa posibilidade de prorrogarse dous anos máis adicionais. A pasada semana xa se celebrou a primeira mesa de contratación deste servizo.

Por outra banda, nos próximos días o Concello tamén celebrará a primeira reunión da mesa de contratación do contrato de pequenas obras de reparación e acondicionamento das vías urbanas municipais, ás que se  presentaron as seguintes empresas:

  • Elsamex S.A.
  • Construcciones Taboada y Ramos
  • Narom S.L.
  • Construcciones y proyectos Abilleira S.L.
  • Construcciones E.C.Casas S.L.
  • Constructora Ediserpo
  • Construcciones, Obras y Viales S.A.
  • Obras, pavimentos e instalaciones industriales S.L.
  • Actividades de construcción, edificación y viales (Acevi).

O contrato ten un importe de 726.000 euros (impostos incluídos) e por un período de dous anos. O obxecto deste contrato é acometer os traballos que permitan manter as vías públicas municipais urbanas en óptimas condicións de seguridade e viabilidade.