As asociacións do programa Hedra organizan a II Xornada de Saúde

113

O Hospital Provincial acollerá o próxima mércores, 7 de setembro, a II Xornada de Saúde co fin de dar a coñecer o que se está a traballar na diagnose e tratamento de distintas doenzas e adiccións. Profesionais médicos e sanitarios e membros de asociacións que dan soporte persoal e social ós distintos doentes participan no encontro que ten o apoio da Casazul, o Concello de Pontevedra e Sergas.

As asociacións que participan dun xeito activo na xornada de saúde forman parte do programa Hedra de Casazul e son seguintes: Asearpo (Asociación de enfermos de artrite de Pontevedra, ASSEII (Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal), Anedia (Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia) Rexurdir e Parkinson.

PROGRAMA.

ASEARPO:
10:00 a 10:30
Información sobre a artrite e doenzas crónicas
Dra. Susana Romero Yuste
Servizo de Reumatoloxía do CHOP Pontevedra
ASEII:
10:30 a 11:00
Información sobre as enfermidades intestinais
Dr. Daniel Carpio López
Servizo de Dixestivo do CHOP Pontevedra
ANEDIA:

11:00 a 11:30
Información e bos hábitos para o control da diabetes

Dña.Ma Cristina Pérez Gil

Supervisora en Dietética do Servizo de Endocrinoloxía do CHOP

REXURDIR:

11:30 a 12:00
Información psicolóxica sobre drogodependencia Dr. Juan Luis González
Unidade de Condutas Adictivas de Pontevedra

PARKINSON:
12:00 a 12:30
Información sobre as doenzas neurolóxicas
Dr. Manuel Seijo Martinez
Servizo de Neuroloxía do CHOP de Pontevedra.