O Concello instala rede de abastecemento na rúa da Parda

117

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto de instalación da rede de saneamento e de abastecemento na rúa da Parda, situada á carón da finda do Conde Bugallal propiedade do Concello. Nesta rúa estaba prevista a instalación da rede de saneamento, pero a petición dos veciños o Concello acordou ampliar a rede de abastecemento á rúa, xa que carecía dela.

A obra está adscrita ao convenio de compensación da empresa concesionaria Viaqua e ten un custe de 12.390,75 euros.