Pontevedra entra no GAC e abre as portas a novas liñas de axudas europeas

284

Pontevedra incorpórase por vez primeira ao Grupo de Acción Costeira (GAC) o que lle abre as portas á posibilidade de optar a novas liñas de financiamento ao abeiro dos fondos de desenvolvemento da Unión Europea, anunciou a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías. Os GAC son zonas territoriais unidas por un fío condutor, neste caso o mar. A capital e máis Meaño intégranse no GAC- Pontevedra, no que no cuatrienio que remata, xa estaban ( e repiten) os concellos de Poio, Sanxenxo, Marín e Bueu.

Para darlle contido a esta posibilidade, está convocada para mañá, martes ás 20.00 horas, na Casa da Luz todos os colectivos e veciños e veciñas interesadas en coñecer as posibilidades do GAC e colaborar na definición da súa estratexia de traballo. As cofradías xa manifestaron que estarán alí.

A xerente do GAC, Laura Nieto, subliña a importancia da participación no Grupo de Acción Costeira. O de mañá será un foro local e a próxima semana comezarán as xuntanzas sectoriais. O obxectivo é deseñar a estratexia e prioridades de actuación para os catro próximos anos. Galiza ten asignados 60 millóns de euros para o período 2016-2020, vinte máis co período anterior no que o GAC-Pontevedra recibirá un 10% rebaixado máis tarde a 3,2 millóns de euros.

Os eidos de traballo do GAC-Pontevedra serán os seguintes: náutica, turismo, diversificación das actividades económicas do sector do mar, patrimonio e medio ambiente.