A firma do convenio do pago da débeda normaliza as relacións do Concello e Sogama

114

O alcalde Miguel Fernández Lores e o xerente de Sogama, Javier Domínguez, firmaron hoxe o convenio de pagamento da débeda que “normaliza as relacións” entre o Concello de Pontevedra e a Sociedade Galega de Medio Ambente SA (Sogama).

O alcalde subliñaba despois da firma que “o Concello defendeu sempre os intereses dos cidadáns” e que tamén sempre estiveron abertos á negociación polo que declarábase “satisfeito” de pór fin a anos de desencontros pola cláusula de renovación do contrato de recollida de lixo.

Pola súa banda o responsábel de Sogama expresou a súa “satisfacción” polo acordo que definiu como “bo para Sogama, bo para o Concello” e como “un exemplo para outros concellos” que teñen cuestionado os seus contratos.

O acordo ao que se chegou con Sogama foi o pago dun total de 5.051.063,53 (4.729.000 euros máis 321.000 euros de intereses) que se abonarán en tres prazos:

– Antes do 30 de novembro do 2015: 2.866.736,54 euros

– Antes do 30 de marzo de 2016: 1.157.514,8 euros

– Antes do 30 de xuño de 2016: 1.206. 812,19 euros