A concelleira de Educación, Carmen Fouces mantivo onte unha reunión cos directores dos centros de ensino (institutos e centros de primaria) do concello para analisar o programa de actividades complementarias para o presente curso.
Na xuntanza valoráronse as actividades que se viñan desenvolvendo nos útlimos anos así como as novas propostas e as correccións que segundo o profesorado se deberían realizar na programación cara vindeiras edicións.
A concelleira propuxo tres liñas de actuación básicas para deseñar as actividades que serían: cultura e patrimonio, cidade e urbanismo e por último ciencia e saúde. En base a estes tres eixos xirará a maioría da oferta que fará o Concello aos centros educativos ademáis das actividades xa implantadas en anos atrás noutras áreas como o Salón do Libro, os roteiros culturais e literarios ou Domingos do Principal.
Esta proposta de reestruturación das actividades terá como consecuencia a posibilidade de aumentar o orzamento para o transporte que precisan os colexios das parroquias para achegarse as actividades.
Nas próximas semanas recibirán información precisa do programa así como das posibilidades de financiar o transporte para os colexios que o precisan.
Segundo manifestou a concelleira de Educación, as achegas do profesorado foron moi esclarecedoras a fin de determinar que actividades deben manterse e cales deben repensarse.
Toda a información estará a disposición na web do concello, específicamente en educación.