O Concello mellora a senda peonil do Lérez entre o carril-bici e a praia fluvial

148

O Concello de Pontevedra iniciou onte os traballos de acondicionamento da senda do Lérez que une o final do carril bici coa praia fluvial. Na actualidade é un espazo feito con grava branca que está bastante deteriorado e con moitas fochancas.

Para mellorar este espazo, volverase a instalar un pavimento acorde co entorno pero máis duradeiro, ademais rozar a zona máis próxima ao río para que non invada este carril bici.

O orzamento total desta intervención é de 53.681,78 euros.

Hai escasos meses o Concello tamén realizou traballos de mantemento desta senda, pero naquel caso foi a construción dun muro de contención no paseo peonil do río Lérez, entre o fin do carril-bici e a praia fluvial. Corrixiuse un afundimento do terreo que levaba cortado dende facía varios meses. Aquela obra completouse coa instalación dunha varanda de madeira duns 80 metros. A intervención tivera un custe de 50.000 euros.