O Fondo de Cooperación preguntará a Política Social cal será a súa xestión nos refuxiados

103

O Fondo Galego de Cooperación celebrou onte a súa primeira reunión do comité executivo no que Pontevedra ocupa o cargo de Tesoureiro.

Segundo explicou a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, responsábel do servizo e representante de Pontevedra no Fondo, na xuntanza analizáronse os traballos do último mandato e na próxima reunión levarase un borrador coas liñas estratéxicas e as liñas de futuro polas que debe seguir o Fondo Galego de Cooperación.

Aproveitouse a xuntanza para falar da situación dos refuxiados e acordouse trasladar á Consellería de Política Social para coñecer cada onde se dirixe a resposta da Xunta de Galiza neste problema.

Tamén se acordou crear un proxecto de cooperación vinculado a unha ONG que teña experiencia na xestión de refuxiados, para que os concellos e membros integrantes do Fondo Galego de Cooperación lle trasladen fondos e podan servir de axuda ás miles de persoas que fuxen da guerra.