O Mercantil acolle a vindeira semana o IV Torneo Internacional Junior Pontevedra de tenis

102

O Concello de Pontevedra colabora co Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a organización do IV Torneo Internacional de Tenis que se celebrará nas instalacións do parque polideportivo do Casino Mercantil do 11 ao 18 de outubro. O Concello colabora con este evento cunha achega de 15.000 euros.

O Torneo Internacional Junior de Pontevedra é un torneo do circuíto ITF Junior Circuit,  que aglutina os torneos que disputan por todo o mundo baixo a supervisión da Federación internacional de Tenis. É indispensable para formar parte deste circuíto que se disputen as categorías masculina e feminina nas modalidades individuais e dobres.

O torneo ten ámbito mundial, de feito están inscritos 572 rapaces de entre 13 e 18 anos de 55 países distintos. (O pasado ano foron 513 xogadores de 44 países distintos).

Durante todas as xornadas iranse disputando os partidos clasificatorios e as finais celebraranse o domingo pola tarde.

Tamén está prevista dous partidos de exhibición na avenida de Montero Ríos os días 12 e 14 cos principais deportistas do campionato. A hora aínda está pendente de confirmar xa que farase en función do tempo.