Reparación e substitución das redes de auga e saneamento en Michelena e diante do Hospital

125

A empresa concesionaria do servizo de augas, Viaqua iniciou esta semana o proxecto de substitución da rede de auga na fronte do Hospital Provincial, que se vén a sumar ao proxecto de instalación da rede separativa de augas da praza da Peregrina e á proxima substitución da rede de sumidoiros na rúa Michelena. Son uns proxectos incluídos dentro do programa de reinversión ao que está obrigada a empresa concesionaria e que teñen un custe global de 62.723,13 euros.

Esta semana comezou a substitución da rede de auga na fronte do Hospital Provincial, na rúa Loureiro Crespo entre os números 1 e 9 da citada rúa, e tamén a mesma distancia diante do Hospital.

A obra consiste na substitución da rede de abastecemento de auga potábel que na actualidade é de fibrocemento de 300 mm e de 150 mm de diámetro por tubaxes de 300 e 150 mm de diámetro en fundición dúctil.

O orzamento desta actuación é de 31.558,21 euros e o prazo de execución é de un mes.

Por outra banda, Viaqua tamén iniciará a mediado de mes a instalación da rede de sumidoiros da rúa Michelena, entre as rúas Marquesa e Gutiérrez Mellado onde se instalarán catro novos pozos de rexistro, reporanse as acometidas e as conexións existentes.

O custe desta segunda obra é de 15.600,46 euros, e o seu prazo de execución está previsto nunhas tres semanas.

Por outro lado, cabe lembrar que a empresa Viaqua iniciou a finais de setembro os traballos de mellora da rede de saneamento e augas pluviais na praza da Peregrina, xa que detectouse unha deficiente canalización de augas pluviais e fecais debido á antigüedade do material e á falta de rede separativa o que causaba permanentes atascos e filtracións que chegaban a afectar aos sotos dos edificios da praza.

A obra comeza na rúa Oliva proxectándose cara a praza da Peregrina onde o colector de saneamento conéctase nun pozo localizado na citada praza, que á súa vez conecta a varios colectores. O colector de augas pluviais proxectase paralelo ao saneamento.

O orzamento desta obra é de 15.564,46 e está previsto que remate a mediados do mes de outubro.

Esta obra ao igual que as anteriores está incluída dentro do proxecto Melloras na rede de abastecemento en baixa e alcantarillado (ampliación, rehabilitación e subtitución da rede actual) que executa Viaqua a cargo da súa concesión administrativa.