Ciclo OVV! Contra a violencia viaria

409

Dar un paso máis no eido da educación viaria co obxectivo de acadar a taxa cero en vítimas mortais e mellorar a convivencia de peóns, ciclistas e condutores. Con esta filosofía ponse en marcha o Ciclo OVV! – Ciclo Violencia Cero!- , un ciclo de conferencias e actividades dirixidas aos estudantes universitarios aínda que abertas ao público.

Escolleuse aos universitarios como poboación diana ao ser un amplo colectivo -arredor de 4.000 na cidade- no que abondan os condutores con pouca experiencia, usuarios habituais da bicicleta e todos eles peóns

Ciclo OVV! é unha iniciativa do Concello de Pontevedra, coordinada polo departamento de Educación Viaria da Policía Local, e conta coa colaboración do Vicerreitorado do Campus de Pontevedra e as Facultades de Ciencias Sociais e Comunicación, Belas Artes e Fisioterapia e a Xefatura Provincial de Tráfico, entre outros.

O ciclo comezará o próximos mércores, 14 de outubro cun simulacro de accidente múltiple no campus universitario e desenvolverase a longo de seis mércores, até o 11 de novembro. Incluirá charlas e mesas redonda seguidas de debate nas que participarán expertos en seguranza viaria e un amplo abano de persoas relacionadas dun xeito ou outro coa mobilidade como un membro de Stop Accidentes o unha persoa que estivo no cárcere despois de causar un accidente de coche con vítima mortal, etc.

Para máis información, ver Dosier.