Pontevedra homenaxeará durante o 2016 ás vítimas silenciadas da represión franquista

119

O Concello de Pontevedra adicará o ano 2016 á homenaxe das vítimas da represión franquista con varios actos que se dispersarán ao longo do ano. Segundo explicou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará terán protagonismo as mulleres, especialmente aquelas que foron as vítimas silenciadas.

Ademais, o concelleiro anunciou que o próximo mes de novembro o Concello fará unha homenaxe institucional ás múlleres vítimas da represión franquista, similar o que se fixo o pasado ano cos traballadores municipais represaliados.

Ademais, xunto aos grupos Partido Popular e Ciudadanos, ademais de coa familia e Fundación Bóveda acordaron que fose a propia Fundación a que fixe os actos a realizar no Día da Galiza Mártir, e que non sexan os plenos municipais nin da Deputación, as que interfiran nesta decisión. De feito a Fundación está de acordo en manter a homenaxe a Bóveda tal e como está concebida hoxe en día.