Limpan de obstáculos administrativos a planta da Canicouva

89
O Concello denegou o recurso de reposición que un grupo de persoas presentara hai algúns meses contra a tramitación da pranta de tratamento de residuos orgánicos que se proxecta na Canicouva, tal como aprobou hoxe o goberno municipal.
A razón do rexeitamento é formal, xa que os servizos administrativos municipais non puderon acreditar a personalidade xurídica dunha entidade que en tres escritos que presentou se autodenominaba de tres xeitos distintos.
Porén, aínda que a formalidade se cumprise, o portavoz do Goberno, Raimundo González, informou que sería igualmente rexeitada debido a que os procedementos instruídos desde o Goberno Municipal gozan de todos os requisitos e informes que precisa unha iniciativa deste tipo. Avanzou tamén que se están a dar os últimos pasos para rematar este expediente, que deberá quedar concluído este mes.
Atención telemática municipal
A Xunta de Goberno aprobou tamén a contratación do servizo de comunicación telemática para atender as demandas que a cidadanía realice a través da plataforma de xestión virtual do Concello. A decisión consiste en destinar 21.700 euros ao investimento incial básico o primeiro ano, seguido de 4 anualidades de 6.500 euros anuais. Prevése un tráfico de notificacións anual que poda rondar os 50.000 requerimentos.