A Media Maratón Cidade de Pontevedra reunirá a 1.734 atletas

330

 

Un total de 1.734 atletas -1.552 homes e 178 mulleres- competirán, o próximo domingo 18 de outubro, na Media Maratón Cidade de Pontevedra. A proba pecha a terceira edición do Circuíto de Carreiras Pedestres de Pontevedra (CCCP-2015) que promove o Instituto Municipal de Deportes (IMD) do Concello de Pontevedra en colaboración coa Sociedade Ximnástica. Foron seis probas que comezaron o pasado 1 de febreiro coa carreira de San Brais.
A Media Maratón e unha proba homologada e que se vai consolidando dun xeito lento e cunha participación crecente. De acordo cos datos dados polo presidente da Ximnástica nesta ocasión haberá 98 atletas máis que na media maratón de 2014 e destaca o incremento de corredoras, que aínda minoría, son un 34,8% máis das anotadas o pasado ano. No caso dos homes o aumento é dun 5,9%