Aberto o prazo para inscribirse no mercado de flores de Todos os Santos

116

O Concello de Pontevedra abriu onte o prazo de inscrición para todas as persoas que queiran participar no mercado de venda de flores que se instalará na praza da Ferraría os días 31 de outubro e 1 de novembro, con motivo da festividade de Todos os Santos.

O prazo de inscrición comezou onte, 13 de outubro, e rematará o vindeiro día 28.

As persoas interesadas deberán acudir ás dependencias da Administración do Mercado de Abastos, na rúa Serra, segundo andar, para retirar a obrigatoria solicitude.