O venres pecha o prazo para inscribirse nas Escolas deportivas municipais

99

O Instituto Municipal de Deportes pecha este venres a inscrición nas Escolas Deportivas Municipais, das que este ano se ofertaron máis de 2.000 prazas.

Aínda quedan vacantes en varias disciplinas deportivas, así que todas as persoas que queiran anotar aos seus cativos poderán solicitar máis información e inscribirse no Pavillón municipal dos Deportes, de 09.00 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas.