Traballos de control e seguranza nas árbores do parque das Palmeiras

96

A Concellaría de Parques e Xardíns está a realizar nesta semana traballos de control e seguranza nas árbores do parque das Palmeiras, para coñecer o estado de saúde das árbores así como para garantir a seguranza de todas as persoas que empregan este espazo a diario.

Os traballos consisten na supervisión dos arriostramentos que teñen algunhas das árbores das Palmeiras, como o Cedro situado sobre a terraza do Branco e Negro ou as que están sobre o parque infantil, entre outras.

Aínda que non deron problemas, son traballos habituais que hai que realizar para garantir a seguridade de todas as persoas que empregan estes espazos de lecer do centro da cidade.

Cabe lembrar que os arriostramentos están feitos para que, no caso de que caia unha ponla, a rama quede asegurada e non se precipite ao chan pudendo causar algunha situación perigosa.

Ademais, os técnicos da empresa especializada que está a realizar estes traballos tamén están comprobando o estado de saúde das árbores, retirando ramas secas ou enfermas do resto de árbores (as non arriostradas) para evitar situacións de risco.