Pontevedra retíralle ao dictador Franco a medalla de ouro da cidade

593

Pontevedra retirará a medalla de ouro que a Corporación de 1944 le outorgou ao dictador Francisco Franco Bahamonde. Así o acordaron esta mañá todos os grupos municipais por unimidade no transcurso da comisión de Benestar, Cultura e Deporte, e que será ratificada o vindeiro luns, 19 de outubro . Este acordo enmárcase dentro da programación de actos que a administración municipal realizará durante o ano 2016 en homenaxe a todas as vítimas da represión franquista, especialmente centrada nas mulleres, e naquelas máis esquecidas.

O primeiro acto de homenaxe será a retirada da medalla de ouro concedida a Francisco Franco o 27 de agosto de 1944 nunha sesión extraordinaria e sendo alcalde Luís Ponce de León y Cabello, e coincidindo coa visita do dictador ao Concello de Pontevedra.

Logo dun proceso de investigación interna na documentación do Arquivo municipal, especialmente intensa durante o período de documentación para homenaxear aos funcionarios municipais represaliados en novembro de 2014, os empregados públicos do Arquivo municipal conseguiron dar coa acta na que se lle concedía a medalla de ouro ao dictador.

Cumprindo coa Lei de memoria histórica, a Corporación de 2015 acórdalle retirar o máis grande recoñecemento que se pode outorgar por parte do Concello.

Acta sesión extraordinaria Medalla ouro Franco.