Lores anima a ser valentes para construír cidades “que camiñan”

393

Premio de Honra Cidade que Camiña 2015. É o novo recoñecemento acadado por Pontevedra e que recolleu o alcalde Miguel Fernández Lores na localidade portuguesa de Torres Vedras no acto de clausura do III Congreso da Rede Cidades que Camiñan, de cuxa asamblea xeral é membro dende 2013.

Fernández Lores animou aos que teñen poder para tomar decisións políticas a “que non teñan medo”, a que sexan valentes para construír unha cidade para todos, á hora de deseñar modelos urbanos de preferencia peonil como Pontevedra.

Pontevedra tivo un papel activo no congreso pois ademais de participar na asemblea xeral da Rede de Cidades que Camiñan, compartiu unha mesa redonda sobre “Políticas municipais de promoción da mobilidade peonil” con Porto, Lisboa e Mahón. Neste foro Antón Prieto, membro do Gabinete da Alcaldía e coautor do proxecto, presentou o Metrominuto, o plano peonil de Pontevedra e fixo un repaso aos diferentes modelos que foron xurdindo despois del en outras cidades.

O alcalde pontevedrés foi reelexido presidente da Rede Cidades que Camiñan, unha organización que medra con novas incorporacións como Sevilla ou Valladolid.