O Concello de Pontevedra celebrou onte unha reunión do Consello das mulleres novas, nun encontro ao que asistiron tamén estudantes dos institutos Sánchez Cantón, Luís Seoane e do Frei Martín Sarmiento, ademais dos representantes políticos e técnicos do Concello, e dos creativos que traballarán para pór en marcha a campaña do 25 de novembro do Día contra a violencia xénero.
No encontro solicitóuselle ao Consello das mulleres novas e ao resto de asistentes que “fosen os cerebros” da programación, segundo explicou a concelleira Carmen Fouces responsábel de Benestar Social Municipal.
Expuseron as súas vivencias persoais e, logo dun prolongado debate, acordouse que a temática do vindeiro 25 de novembro fose entorno aos disfraces do machismo.
Carmen Fouces indicou que haberá máis reunións para ir perfilando campaña non só para clarificar cuestións sobre as imaxes senón tamén sobre as actividades ao incorporarse ao proxecto o colectivo Bruxas e Bolboretas, do Campus de Pontevedra, que farán seis accións de rúa “que darán moito que pensar”.