Ateigadas as actividades de MiniPazoClub

123

O prazo de inscrición nas actividades “A procura do tesosuro” e “A hora do conto”, iniciábase o pasado mércores 14, ás 8 horas e, como vén sendo habitual, a resposta dos interesados en anotar aos seus fillos/as nelas, foi masiva.

Ducias de persoas agardaban ás portas do Pazo da Cultura dende case dúas horas antes da súa apertura, o que motivou que na primeira hora de inscricións, moitos grupos xa non contaran con vacantes e as correspondentes listas de agarda foran numerosas.

O cambio no sistema de matriculación, que entregaba un máximo de 4 inscricións por persoa, xa numeradas e en estricta orde de chegada fixo que o trámite fora máis relaxado ao permitir cubrir as follas con calma antes de entregalas.

A día de hoxe, so conta con vacantes “Experimenta”, de arte e cultura visual e “A hora do conto”, que ten menos de 5 ocos dispoñibles. O horario para formalizar a matrícula nestas actividades é de 8 a 14 horas de luns a venres.

Para “A procura do tesouro” só é posible anotarse nas listas de agarda dalgúns obradoiros concretos e “RockLab”, está pechado.