Substitución das lámparas das estradas secundarias de acceso á cidade

124

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Setga do contrato de mellora de eficiencia enerxética dos viais secundarios de acceso ao centro urbano. Trátase dun investimento de 220.000 euros (ive incluído) que implicará a instalación de 492 unidades leds e retirar as de sodio.

Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González as estradas nas que se realizará este investimento serán:

  • Na estrada que une a N-550 coa estrada a vilagarcía
  • A estrada de Campañó cara a Caeira
  • A estrada de Figueirido por Tomeza
  • A estrada de Pedra do Lagarto cara Marcón
  • A estrada cara ao Campiño, por Marcón
  • A estrada da Brilat por Salcedo
  • A estrada cada Figueirido por Tomeza

As melloras desta adxudicación implican ao aforro da adxudicación en dous puntos; unha garantía de 10 anos e o mantemento por 7 anos.

Coa instalación de lámparas leds o Concello ten un aforro de preto de 40.000 euros no consumo anual destas estradas, xa que teñen un consumo de 54.553 euros/ano e pasarán a consumir 16.737 euros/ano. O aforro aproximado é do 70%.