AJE convoca a XX edición do Premio Xove empresario do ano

138

 

Pontevedra volverá a acoller unha nova edición do Premio Xove Empresario do Ano que convoca a asociación Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE). O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores mantivo esta mañá unha reunión coa directiva da asociación que lle presentou o premio que se coñecerá o vindeiro 6 de novembro nas instalacións do Casino de Pontevedra.

A este premio poden optar todos os xoves empresarios nados a partir do 31 de outubro de 1974, e que teñan o domicilio social da empresa na provincia de Pontevedra, e o seu capital estea participado nun 25% por persoas físicas menores de 41 anos.

Neste premio distínguense dúas categorías:

  • Xove empresario do ano 2015 dotado cun  iPad, acceso ao programa Executive en Desenvolvemento Directivo valorado en 8.000 € cortesía da Escuela de Negocios Afundación e escultura conmemorativa do evento.
  • Xove Emprendedor do ano 2015 dotado cun ano gratuíto nun dos viveiros do Consorcio da Zona Franca de Vigo, iPad, accso ao programa Executive en Dirección e xestión de empresas valorado en 8.000 € cortesía da Escuela de Negocios Afundación e escultura conmemorativa deste evento.
  • Accesit Innovación, escultura conmemorativa deste evento.
  • Accesit Creacción de emprego, escultura conmemorativa deste evento.