A Casa da Luz acolle o recital poético “Con barqueira e remador”

103

O Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador” está de novo, e xa vai por catro anos, na Illa de San Simó. Mañá 21 de outubro achégase a Pontevedra.

Os participantes orixinarios de diversas partes do Oriente Medio, Extremo Oriente e Europa son sete poteas de recoñecido prestixio en lingua parsi, macedonia, hebrea, catalá, ucraína, xaponesa e galega. Son Nikola Madzirov (Macedonia), Yasuhiro Yotsumoto (Xapón), Tal Nitzán (Israel), Josep M. Rodríguez (Cataluña), Sholeh Wolpé (Irán), Ostap Slyvynsky (Ucraína) e Estíbaliz Espinosa (Galicia).

O congreso sae da Illa de San Simón co fin de que os/as participantes coñezan máis de preto o tecido cultural do país e por elo mañá na ciudade ofrecerán un recital poético multilingüe, a partir das 20.00 horas, na Casa da Luz. Unha actividade que conta coa colaboración da AELG e do Concello de Pontevedra.