O simulacro do campus axuda a mellorar a coordinación dos servizos de emerxencia

128

“Foi unha reunión moi positiva, detectáronse varios erros o que nos permitirá estar mellor preparados para enfrontar situacións de emerxencia para as que afortunadamente non temos experiencia”. O intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, resume nestes termos a reunión de avaliación do simulacro feita o pasado mércores no campus de Pontevedra, que marcou o arranque da campaña de sensibilización Cero Violencia Viaria (OVV) .

No simulacro interviron efectivos dos distintos servizos de emerxencia -Policía Local, Bombeiros e 061- que tiveron que avaliar a situación, atender e evacuar a nove persoas feridas de distinta gravidade, nunha colisión múltiple entre dous vehículos e unha bicicleta na que ían unha muller e unha nena.

A detección de varios erros de coordinación entre servizos con modelos de intervención e mandos distintos permitirá que no futuro, e nun caso real, non se produzan disfuncións que poidan atrasar unha asistencia vital. Por elo a reunión de traballo rematou con dúas conclusións: a necesidade de perseverar neste tipo de operativos simulados para estar preparados fronte a calquer tipo de continxencia e o compromiso de elaborar un protocolo de coordinación que delimite as funcións, as responsabilidades dos mandos e as competencias de cada servizo.