Os bombeiros fórmanse na xestión de verquidos de mercadorías perigosas

85

O Corpo de Bombeiros de Pontevedra está a realizar nestes días un curso de emerxencias polo derrame de mercadorías perigosas, dado que é unha das casuísticas nas que terían que intervir este corpo municipal especializado.

Este curso estase a desenvolver no Pazo da Cultura dende esta mañá e prolongarase durante dous días máis. Mañá pola mañá continuará a xornada teórica no Pazo da Cultura (Seminario 1) e pola tarde as prácticas trasladaranse ao parque de Bombeiros.

Para impartir estas clases trasladáronse dous monitores especializados dende a Comunidade de Murcia.