Comeza a pavimentación definitiva da subida á Igrexa de Mourente

83

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana os traballos de rehabilitación superficial e mellora da accesibilidade peonil na estrada N-541 á igrexa, na parroquia de Mourente.

A obra ten un importe de adxudicación de 234.083, 37 euros e estase a facer a pavimentación definitiva da estrada, a implantación de medidas de seguranza viaria, a instalación de sinalización horizontal e vertical, e tamén a creación dun espazo para peóns nun dos laterais da estrada que estará ben diferenciado pola instalación de morróns que separen os espazos dos peóns dos vehículos.

O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Alberto Oubiña visitou esta semana o inicio dos traballos que se poderán prolongar durante varias semanas.