O Pazo da Cultura acollerá este domingo a actuación de Furious Monkey House para presentar a súa primeira obra “Run”. Será a partir das 19 horas e incluído dentro do ciclo Imperdibles que promociona a Concellaría de Cultura.
Furious Monkey House é unha banda formada por 5 estudantes de 4º e 5º de primaria, e un Mono Furioso.
Run (Esmerarte 2015) publícase o 13 de novembro e xa se pode reservar en iTunes. Ao facelo, conséguese a descarga das cancións “With my Hands” e “Exploding Head”
O proxecto Furious Monkey House nace en marzo de 2014 en Pontevedra como resultado da unión de 5 estudantes de quinto e cuarto de primaria que, guiados por un mono, e baixo a influencia de bandas da escena 90’s como Pixies, Smashing Pumpkins, Nirvana, Cardigans o Foo Fighters, deciden completar a súa formación en setembro de 2014 e emprender un proxecto máis sólido.
Logo duns meses trabalando nunha preproducción en forma de maqueta de 5 temas, embárcanse na aventura de gravar o seu primero disco: Run, nos estudos Abbey Road de Londres entre febreiro e marzo de 2015.
Run contén 11 cancións inéditas editadas por Esmerarte.
Furious Monkey House son Carlota á batería, Amaya ás teclas e os sintes, Manu e Irene á guitarra, e Mariña, que pon a voz, e un Mono furioso no baixo.
FURIOUS MONKEY HOUSE: CONCIERTO PRESENTACIÓN “RUN”
Domingo 25 octubre – Pazo da Cultura de Pontevedra – Ciclo Imperdibles
Anticipada: 12€ en Ticketea.com y Ataquilla.com – Taquilla: 14€
Apertura: 18.30 h.
Show: 19 h.