“Perplexo”, Premio María Casares, hoxe pola noite no Principal

95

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela, presentou onte o segundo dos oito espectáculos que conforman o ciclo Ponteatro 2015: “Perplexo” de llmaquinario Teatro, que estará esta noite, a partir das 21 horas no Teatro Principal.

Unha comedia “delirante e contemporánea, sobre as dificultades de atopar unha identidade propia nun mundo cambiante. Un delirio, un puzzle que completar polo espectador” segundo o seu director, Tito Asorey. Con estas palabras convidaba a asistir ao que é o segundo montaxe da compañía. Pese a ter como ano de formación o 2012, llmaquinario Teatro conta cunha consolidada traxectoria no ámbito do teatro e xa representou hai dous anos na nosa cidade “O home almofada” cunha grande acollida. Regresan a Pontevedra logo de acadar numerosos recoñecementos coma o Premio María Casares ao Mellor espectáculo 2015 por esta peza que fai honra ao seu nome.

Ademáis do público en xeral, que poderá gozar do espectáculo a partir das 21h. mercando entradas en Ataquilla.com a un prezo de 8€ (4€ para estudantes, parados e xubilados) ou, no caso de non esgotarse, 1h. antes na billeteira, serán 400 os escolares de E.S.O, procedentes de 7 centros de Pontevedra, Redondela e Vigo (ESAD Galicia) os que gozarán da mesma en horario matinal ás 11:30h.

Laura Míguez, actriz e produtora, comenta que “o espectáculo aborda cuestións filosóficas coma o Mito da Caverna de Platón ou a Teoría da Evolución de Darwin, que habitualmente se tratan nas aulas dun xeito máis teórico e que en “Perplexon acadan unha dimensión máis Lúdica, por iso mesmo elaboramos unha unidade didáctica para escolares.

Fernándo González, parte do reparto desta embrollosa comedia, destacou o pracer de”traballar sobre nós mesmos, darlle outra volta de torca a cada personaxe”.

Para rematar, Tito agradeceu á concelleira, o esforzo posta en iniciativas coma Ponteatro, nuns tempos nos que “non é sinxelo manter unha compañía de teatro profesional en Galicia”

VENRES GOLFOS
O primeiro dos “Venres Golfos” chega este venres ás 23:59 ao Principal de Antón Coucheiro e o seu espectáculo “Psicópata”: Unha comedia negra sobre a falta de empatía, ven con navidades. O público asistente a este espectáculo poderá beneficiarse ao rematar de descontos do 30% nas súas consumicións en El pequeño Karma, Chirala, Marilyn, UFO, Lego e A Fuga de Bias, só amasando a súa entrada ou abono.

Unha iniciativa que se repetirá o 20 de novembro con “STRPTS” de Cinema Sticado e que pretende, segundo comentou a concelleira “que o tesauro do teatro non inunde só o Principal senón toda a cidade”.