A demanda obriga a ampliar ao Paseo Odriozola o Mercadillo de flores de Todos os Santos

115

A Concellaría de Mercados, que xestiona Vicente García Legísima, incrementa o espazo do Mercadillo de flores de Todos os Santos que se celebrará os vindeiros 31 de outubro e 1 de novembro, ao paseo Odriozola ante a gran demanda de vendedores. De xeito excepcional, a Concellaría habilitará 28 postos de dous metros cada un -até un máximo de catro metros por persoa- no Paseo Odriozola. Unha vez cubertos, non se ampliará este espazo.

As persoas interesadas deberán presentarse na administración do Mercado de Abastos situado na rúa Serra, nº5, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, para retirar a correspondente documentación.

Na praza da Ferraría habilitaranse 144 postos de 2 metros cada un, que xa están todos adxudicados