Estudantes de Ciencias do Deporte reúnense en Pontevedra a mediados de novembro

126

A Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte acollerá entre o 18 e o 21 de novembro a xuntanza da Asemblea xeral da Asociación Nacional de Estudantes de Ciencias da Educación Física e do Deporte (ANECAFYDE) á que asistirán entre 40 e 50 persoas procedentes das 25 facultades desta especialidade existentes en todo o Estado. Os seus representantes en Pontevedra reuníronse esta mañá co alcalde para presentarlle o programa de actos.

O obxecto desta Asemblea, ademais de nomear os cargos directivos, tamén é abordar o debate de cuestións do programa educativo, sobre as súas saídas laborais…

Nesta cita tamén acudirán representantes do ámbito do deporte que organizarán obradoiros e grupos de traballo cos asistentes.

É a primeira vez que os representantes dos estudantes de Ciencias do Deporte se reúnen en Galicia.